PR-G 214 Ruta de Monte Grande

Esta ruta circular de case 23 km de lonxitude, discorre entre repoboacións de piñeiro silvestre (Pinus sylvestris) e masas de caducifolias autóctonas, permitíndonos desfrutar de boas vistas panorámicas do val do río Limia e a Serra do Xurés. Trátase dunha ruta de pendentes suaves, que percorre pistas forestais anchas e con bo firme, case sempre baixo arborado, o que a fai moi adecuada para realizala en bicicleta.

A ruta parte das inmediacións da área de lecer do alto do Vieiro, onde atoparemos unha fonte de auga potable. A poucos metros do seu comezo abandona a estrada e lévanos ata o leito da Corga das Velas, por onde ascende durante un breve treito. Este primeiro tramo é compartido na ida e na volta da ruta, e bifúrcase ao chegar a zona arborada.

Se collemos a esquerda ao chegar a bifurcación atoparemos o Lagoa Grande. Tras bordear un pequeno outeiro a ruta toma dirección sur, onde hai varias mámoas e unha fonte. Máis adiante chegaremos a Lagoa do Iermes que conta no seu entorno cunha pequena área recreativa. So nos restará un pequeno tramo para regresar a bifurcación que nos levará de novo ata o inicio.