Soy un bloque de texto. Haz clic en el botón Editar para cambiar este texto. Lorem ipsum
Esta senda lineal percorre o val do río de Vilameá e conecta a Ermida de Nosa Señora do Xurés coas abandonada Mina da Sombras nunha distancia de case 14 quilómetros de ida e volta
.
A ruta parte das inmediacións da Ermida de Nosa Señora do Xurés, no concello de Lobios e dentro do territorio do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés. Dende o entorno de esta ermida podemos desfrutar dunhas boas vistas panorámicas do val do río Caldo, do encoro portugués do Lindoso e tamén dos cumios da Serra de Santa Eufemia. Aos poucos metros de comezar a ruta esta introdúcese no val do río de Vilameá pola parte alta da ladeira. Pouco a pouco o camiño descende ata acadar o leito do río e crúzao para pasar a marxe dereita, por onde continuaremos o ascenso ata as minas.
A medida que vamos ascendendo poderemos desfrutar da vista de distintas fervenzas, tanto do propio río de Vilameá coma dos seus afluentes. Tamén, pouco a pouco, comezaremos a ver o fondo do val así como os picos que o rodean e que delimitan a fronteira con Portugal.
Ao chegar as minas é posible ver os restos do material que se empregaba para a extracción do wolframio nos anos da Segunda Guerra Mundial. Tamén é posible ver as construcións onde se aloxaban os traballadores e algunha das bocas de acceso a mina, que se atopa tapiada. Unha vez alí so resta que descendamos de novo polo mesmo camiño para volver ata o punto onde iniciamos a ruta..





